Un acusado de distribuír pornografía infantil acepta unha condena de dous anos de cárcere

Non entrará en prisión coa condición de non cometer un delito en tres anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2024 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Un home acusado de posesión e distribución de material pornográfico infantil aceptou dous anos de prisión no xuízo fixado para este xoves na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña.

No entanto, o tribunal decretou a suspensión da condena, exposta pola defensa e aceptada por Fiscalía, coa condición de que non delinca no prazo de tres anos. Fíxoo tras chegar a un acordo o Ministerio Público e a defensa ao recoñecer os feitos o procesado e acordarse unha rebaixa da pena de oito a dous anos de prisión que o home aceptou.A avogada da defensa solicitou, ademais, a suspensión da pena de privación de liberdade, que se acordou aplicar.

No seu escrito de cualificación, o Ministerio Público sinala que, entre febreiro e xuño de 2021, o acusado convivía co seu cónxuxe no partido xudicial de Noia. Nunha habitación do domicilio dispuña dun computador no que instalara un programa de descargas co que compartiu material de pornografía infantil.

En concreto, indica que "polo menos, entre o 20 de febreiro e o 3 de marzo de 2021, procedeu a fornecer a outros usuarios deste tipo de programas informáticos un mínimo de 74 arquivos con vídeos e imaxes ou fotos" nas que se podía visualizar a menores de 16 anos en prácticas sexuais.

Un veciño de Vigo nun xuízo por posesión de pornografía infantil
Un veciño de Vigo nun xuízo por posesión de pornografía infantil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta