A Xunta di que hai "interese político e electoral" na manifestación contra os plásticos

Alfonso Rueda asegura que prefire que o BNG "se manifeste en contra da Xunta que a favor dos presos de ETA".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/01/2024 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

A Xunta e o seu presidente ven un interese claramente político na manifestación convocada para este domingo por colectivos sociais, meidoambientais e do sector do mar para protestar pola xestión que se está facendo da crise dos plásticos. "A ninguén lle cabe dúbida que hai interese político, electoral e que se fai levantando bulos", dixo Alfonso Rueda.

Manifestación en Vigo de 'Nunca Máis' contra a sentenza do Prestige
Manifestación en Vigo de 'Nunca Máis' contra a sentenza do Prestige | Fonte: Miguel Núñez

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o xefe do executivo galego vinculou directamente esta protesta coas denuncias que nos últimos días están facendo os partidos políticos da oposición. "Levantaron bulos e seguirán facéndoo", indicou. Fronte a isto, Rueda insistiu na xestión que está facendo o seu goberno. "A Xunta traballa, o Gobern non fixo nada e a oposición levantando bulos", engadiu.

E atacou directamente ao BNG ao insinuar que é un dos principais impulsores desta manifestación. "Prefiro que se manifesten en contra da Xunta que a favor dos presos de ETA", afirmou ao referirse a protesta celebrada hai uns días en Bilbao, apoiada por representantes do Bloque.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta