Por E.P. | OURENSE | 18/01/2024 | Actualizada ás 19:30
A CIG denunciou ante inspección de servizos sociais da Xunta "as malas condicións de habitabilidade" e "abandono total" da residencia de maiores de Taboadela.
Este centro, construído en 2007, conta con 22 persoas residentes. A atención residencial é de 24 horas. Ademais, hai un centro de día para 20 usuarios.
O sindicato alerta de deficiencias no edificio que supón un risco para a saúde de traballadores e usuarios, con zonas que se teñen que clausurar debido á presenza de auga e fochas. Ademais, péchanse habitacións por filtracións de auga e alertan de falta de persoal.
"A Xerencia do Consorcio é coñecedora destas circunstancias polas reiteradas comunicacións feitas por parte da CIG", remarca nun escrito enviado á inspección.
Por parte da Consellería de Política Social trasládase a Europa Press que "o mantemento do edificio é responsabilidade do Concello, xa que é de titularidade municipal". "Desde o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar xa se lle requiriu en varias ocasións ao Concello unha solución, pero o certo é que leva anos sen asumir ningún gasto de mantemento do centro", agrega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.