Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2024 | Actualizada ás 11:06
Unha nave do polígono industrial do Tambre, en Santiago, ardeu por completo e outras dúas naves lindeiras víronse afectadas os laterais. Segundo informou o 112, o incendio, que non causou danos persoais, comezou nunha nave que non tiña actividade e que estaba a ser acondicionada para unha nova apertura.
Así, ao redor das 22,30 horas do venres foron varios os particulares que contactaron coa central de emerxencias para informar de que ardía unha nave e non sabían se había xente afectada. Os xestores do 112 Galicia deron aviso aos Bombeiros de Santiago, á Policía Local, á Nacional e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.
Ademais, por se fose necesaria a súa intervención, informaron o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Unha vez no punto e tras ter controlada a situación, os bombeiros extinguiron por completo o lume e refrigeraron a zona. Tras finalizar o seu traballo, indicaron que a nave na que comezou o lume ardeu por completo e as dúas naves lindeiras resultaron afectadas os laterais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.