18F.- Sumar promete crear unha empresa pública para "acabar coas listas de espera" do Servizo de Axuda no Fogar

A candidata de Sumar Galicia á presidencia da Xunta, Marta Lois asegurou que "non é de recibo" que as universidades públicas galegas "invistan moito esforzo en formar a xente nova" que despois "queda en universidades europeas, de Estados Unidos, de Latinoamérica ou de Canadá".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2024 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Sumar Galicia comprometeuse a crear unha empresa pública na que poidan participar os concellos para "facilitar a xestión directa" do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), "acabar coas listas de espera" e "recuperar estes servizos para a xestión pública".

A candidata de Sumar á presidencia da Xunta, Marta Lois, mantén un encontro co reitor da USC, Antonio López
A candidata de Sumar á presidencia da Xunta, Marta Lois, mantén un encontro co reitor da USC, Antonio López | Fonte: SUMAR

"Somos conscientes das dificultades dos concellos para xestionar o SAF, das listas de espera e das condicións precarias que sofren as traballadoras que prestan este servizo", explicou aos medios o número tres de Sumar Galicia por Pontevedra, Rocío Núñez, antes de reunirse co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (Cotsg).

Así mesmo, Rocío Núñez explicou que é "necesario" aumentar o financiamiento e a dotación de persoal para este servizo, pero non "suficiente", motivo polo que Sumar Galicia cre que pode resolver "a actual problemática que está a ter o SAF". Pola súa banda, a presidenta do Cotsg, Miríam Rodríguez, reivindicou "un gran pacto político", co fin de recuperar a "esencia" dos servizos sociais e do resto de sistemas de protección como o sanitario ou o de vivenda.

Segundo a presidenta do Colexio, o modelo dos servizos sociais está "caducado" e "excesivamente burocratizado", polo que son "necesarias" reformas estruturais para que as traballadoras deixen de ser "as policías do social". Así mesmo, Míriam Rodríguez declarou que os recursos "máis demandados" son o Servizo de Axuda non Fogar e os centros residenciais que nestes momentos están "mercantilizados".

De igual modo, manifestou que medidas como o 'bono coidado no fogar' da Xunta "sobrecargan" aos servizos sociais e "non cobren as expectativas da cidadanía".

PLAN 'RECUPERA TALENTO'

A candidata de Sumar Galicia á presidencia da Xunta, Marta Lois, expuxo este luns algunhas das propostas da formación en materia universitaria, que pasan polo plan 'Recupera Talento' para que retornen 1.000 investigadores galegos nos próximos catro anos e un plan estratéxico de valorización e transferencia do coñecemento. 

En declaracións aos medios antes de reunirse co reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, Lois defendeu que as propostas de Sumar pasan por "fortalecer o sistema público universitario". Así, resumiu dúas das medidas que levará a cabo se os galegos "votan voto progresista" e hai cambio político "histórico" na Xunta: un plan de retorno de talento para atraer a 1.000 investigadores galegos nos próximos catro anos e un plan estratéxico de valorización e transferencia de coñecemento.

En primeiro lugar, sinalou que "non é de recibo" que as universidades públicas galegas "invistan moito esforzo en formar a xente nova" que despois "queda en universidades europeas, de Estados Unidos, de Latinoamérica ou de Canadá". "Queremos que todo ese talento poida volver ao noso país e para iso levamos un plan de retorno de talento", salientou.

Doutra banda, sobre o plan estratéxico de valorización, destacou que apostará porque as universidades conten con "recursos económicos de carácter estrutural". Así, Marta Lois rexeitou as políticas "regresivas" para o sistema universitario levadas a cabo durante os últimos 14 anos, que foron, sinalou, "puntuais e por incentivos". Por iso, insistiu na necesidade dun orzamento "potente" e que teña "carácter estrutural". "A universidade pública témola que facer entre todos e é motor de coñecemento e de desenvolvemento dun país. É motivo de orgullo apostar por esa universidade pública", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta