Celso Emilio Ferreiro, o "nacionalista galego" que falaba a "lingua proletaria" do pobo

Gonçales Blasco presenta este sábado en Celanova unha obra coa faciana máis nacionalista do poeta.

Por Galicia Confidencial | Celanova | 30/01/2024 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

 

Portada do libro 'Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego', editado por Xerais
Portada do libro 'Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego', editado por Xerais

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña

porque me sai de dentro, alá do fondo..."

 

A faciana máis nacionalista de Celso Emilio, o poeta do pobo. Luís Gonçales Blasco presenta este sábado, 3 de febreiro, na Casa de Curros de Celanova (11,30 horas) o seu último enasaio, Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego, editado por Xerais. O autor estará acompañado por Xabier Ferreiro, fillo de Celso Emilio. Haberá un coloquio e sinatura de exemplares.

Ás veces, hai xente que se estraña ao saber que aos dezasete anos Ferreiro xa daba discursos galeguistas. Non é de estrañar sabendo que na súa casa había libros galegos: seu pai fora das Irmandades da Fala e amigo de Porteiro Garea; as súas visitas a Ourense e o trato cos galeguistas da cidade incrementou a súa tendencia”, conta Gonçales Blasco, que coñeceu e militou políticamente co Celso Emilio.

O acto está organizado polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, e completa a primeira queda de conferencias para a reivindicación e actualización dos perfís políticos de tras figuras históricas da vila, após das presentacións de Xosé Estevez sobre Xosé Velo (2021) e o propio Estévez xunto a Uxío-Breogán Diéguez sobre Velo o pasado verán, e a de Xurxo Martínez sobre Luís Soto en Vilanova no 2021.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta