Máis dunha trintena de adegas galegas participan na Barcelona Wine Week

A Xunta fai gala da calidade dos viños galegos para apoiar ao sector.

Por Europa Press / Redacción | BARCELONA | 05/02/2024 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, participou este luns na primeira xornada da feira Barcelona Wine Week, na que a Xunta está presente para apoiar ao sector vitivinícola galego, representado en máis dunha trintena de Adegas.

En concreto, o director da Axencia puxo en valor esta cita enogastronómica a calidade dos produtos vitivinícolas galegos, que contan con gran presenza nos mercados nacionais.

Galicia conta cun espazo propio nesta cita, no que se poden degustar os viños, augardentes e licores premiados nas Catas de Galicia 2023. A Barcelona Wine Week é unha feira cun marcado carácter internacional, e que supón unha gran oportunidade comercial para as adegas expositoras, recoñece a Xunta.

Vides da Denominación de Orixe Ribeiro
Vides da Denominación de Orixe Ribeiro | Fonte: UVigo - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta