Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2024 | Actualizada ás 19:54
Correos abrirá as súas portas en Galicia durante os festivos do luns de Entroido, martes de Entroido e mércores de Cinza para facilitar as xestións do voto por correo de face aos comicios do 18F. Así, nos municipios galegos onde estes días sexan festivos, Correos abrirá de maneira extraordinaria 160 oficinas postais, a maioría de 09,00 a 13,00 horas.
Ademais, abrirá outros 160 puntos de atención no rural que estarán operativos nos seus horarios habituais. Os cidadáns poderán consultar na porta de cada oficina os horarios e aperturas.
Correos conta en Galicia cun total de 166 oficinas, moitas delas en concellos con festivos ao longo da próxima semana. Con esta ampliación de horarios soamente 6 que están situadas en edificios administrativos e zonas comerciais pecharán o martes de Entroido: Lonxa, Edificio Xunta e Parque Tecnolóxico de Vigo; Corte Inglés e Edificio Xunta da Coruña e Edificio Xunta de Lugo.
Este 8 de febreiro termina o prazo para solicitar o voto por correo e o vindeiro xoves, día 15, será o último día para depositalo, lembrou Correos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.