Errejón pide a cada votante de Sumar a "convencer a tres máis" e avisa que as eleccións se xogan "en dous escanos"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/02/2024 | Actualizada ás 23:26

Comparte esta noticia



O portavoz de Sumar no Congreso, Íñigo Errejón, declarouse este sábado "brigadista electoral" para pedir a cada votante de Sumar que teñen que "convencer a tres máis" para as eleccións para o próximo 18 de febreiro. Neste sentido, avisou de que os comicios "van de dous escanos" que están en xogo, dixo, un por Pontevedra e outro na Coruña.

"Estas eleccións pódense gañar, pero estas eleccións non están gañadas", salientou nun mitin no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en Ames, no que ademais da cabeza de lista da Coruña, Marta Lois, tamén participou o número dous pola provincia, Paulo Carlos López, quen reivindicou ao bipartito de PSdeG e BNG como "o mellor goberno" que tivo Galicia, "cos seus acertos e erros".

Errejón puxo 'deberes' a todos asistentes, aos que exhibiu a papeleta de Sumar Galicia para reivindicar que "cada un de nós ten que levar a tres máis" a votar e exercer "un compromiso militante", é dicir, "convencer" a tres "familiares, compañeiros de traballo, amigos".

"Queda unha semana, unha semana para as eleccións do próximo 18 de febreiro e hai que dicir as cousas claras: hai que votar co corazón e con cabeza, porque cada voto é decisivo", salientou Errejón, que xa participou en varios actos de campaña de Sumar Galicia, un deles o pasado sábado en Ferrol xunto a Yolanda Díaz onde se gañou o "pasaporte galego" por parte de Marta Lois. Este sábado acordouse de novo desta circunstancia para afirmar que quere que sexa ela, Marta Lois, quen llo "firme" desde a Xunta.

Errejón pide a cada votante de Sumar a 'convencer a tres máis' e avisa que as eleccións se xogan 'en dous escanos'
Errejón pide a cada votante de Sumar a 'convencer a tres máis' e avisa que as eleccións se xogan 'en dous escanos' | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta