O futuro de Palestina tamén importa en Galicia

Representantes de distintas candidaturas galegas debatiron a grave situación creada en Palestina polos ataques de Israel.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/02/2024 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

As diferentes candidaturas foron convidadas a un debate por BDS Galiza, que fai parte do movemento internacional BDS Movement (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel) para abordar a situación da guerra en Gaza.  Participaron a número tres do PSdG-PSOE pola provincia da Coruña, Silvia Longueira, Duarte Correa polo BNG, Javier Garcia por Podemos, Manuel Moure Pérez por Sumar e Rafael Manuel Fernández Alonso de Por un Mundo Máis Xusto. O Partido Popular de Galicia tamén foi convidado, pero non enviou representación.

Debate de candidatos de BNG, PSdeG, Sumar, Podemos e Por un mundo máis Xusto sobre Palestina
Debate de candidatos de BNG, PSdeG, Sumar, Podemos e Por un mundo máis Xusto sobre Palestina | Fonte: BDS Galiza

As persoas candidatas manifestaron as posturas dos seus partidos en temas como a libre autodeterminación do pobo palestino, o dereito de retorno ou o apoio ao Movemento BDS, segundo apuntoa BDS Galiza nun comunicado. Entre o público algunhas persoas de procedencia palestina fixeron preguntas ás candidatas desde a súa experiencia coma parte da diáspora, neste caso, no noso país.

O debate centrouse nas perspectivas de cada unha das cinco candidaturas sobre a sitación actual en Palestina, e os compromisos cara ela. Todos os partidos recoñeceron o horror que se está a vivir en Gaza. Tanto o BNG, como Sumar e Podemos, comprometéronse a romper os acordos académicos con Israel como medida de bloqueo, en caso de que gañasen as súas candidaturas. 

Os tres partidos comprometéronse a poñer máis atención na cobertura da guerra contra Palestina por parte da RTVG. Concluíron que, coas competencias do goberno galego, non podía facerse moito máis que algunha declaración institucional e medidas de concienciación. 

BDS é a maior coalición da sociedade civil palestina dende 2005 pola LIBERDADE, a XUSTIZA e a IGUALDADE en resposta aos 76 anos de opresión israelí baixo un rexime de apartheid, limpeza étnica, ocupación e xenocidio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta