Mercar un garaxe en Pontevedra custa case 23.000 euros e en Mugardos, 3.000

O prezo dos garaxes sobe un 5,7% en Galicia en 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2024 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O prezo dos garaxes subiu un 5,7 por cento en Galicia en 2023, segundo un estudo de Fotocasa. Así, o ano pasado pagouse por un en venda 14.016 euros, un 27,5% máis que hai 5 anos.

O informe remarca que para comprar un garaxe na cidade de Pontevedra "hai que desembolsar de media 22.793 euros, mentres que en Mugardos os prezos de media apenas superaron os 3.000 euros". Os máis beneficiados polo descenso do prezo dos garaxes en 2023 foron os residentes da cidade de Betanzos (-18,5%) e os máis prexudicados cos incrementos anuais os veciños de Santiago de Compostela (1,7%).

O prezo dos garaxes en España incrementouse un 7,5% no 2023, cun prezo medio de 12.495 euros, fronte aos 11.619 euros do 2022, segundo o estudo.

Garaxe
Garaxe | Fonte: CONCELLO DE XETAFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta