Crónica.- Adiante co BNG

Que pasou no interior do cónclave nacionalista?, por que houbo un 5% de votos negativos ou en branco?, cal foi a a sensación da asamblea nacionalista extraordinaria deste domingo?. Galicia Confidencial informa sobre as interioridades do cónclave e da a súa particular visión do futuro de Quintana ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/10/2008 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

None

Onde andaban os delegados? 

Tamén hai a quen lle chamou a atención que dos máis de 1.600 delegados inscritos, tan só votaron 1.373. E que foi do resto?; parte deles eran membros do Consello Nacional representantes dos Irmandiños, Movemento pola Base ou A Alternativa que non acudiron. Outros eran delegados da emigración e só acudiron dous ou tres. En total, suman case 60 delegados. E o resto?. Pois o resto, e segundo as diversas fontes, que neste punto son coincidentes, foron pola mañán pero non acudiron pola tarde, ben por compromisos familiares ou por compromisos festeiros. Hai quen di que o San Froilán tivo moito que ver nesta pequena espantada. E que pasou nas intervencións do documento político?. Pois foron moitas e moi variadas e, algunhas, con certos tintes críticos. E é que neste punto foron 33 os delegados que pediron a palabra, entre eles, Teresa Táboas, a única dos conselleir@s que falou para respaldar a Quintana. Tamén o fixeron outros membros institucionais como Carlos Aymerich, Encarna Otero e Santi Domínguez Olveira. Asemesmo falaron, dentro do sector "quintanista", Roberto Mera; Manuel Antelo, Bascuas e Saul Santim de Espazo Aberto, Xesús Veiga de Inzar ou Iago Tabarés do PNG-PG. Por parte da UPG interviñeron o seu líder, Francisco Rodríguez; o deputado, Bieito Lobeira o membro da Executiva, Alberte Ansede. Tamén tomaron a palabra, Fernando Blanco, Tereixa Paz, Lois Diéguez, Rafael Iglesias ou Paz Abraira, estes últimos críticos coa acción nacionalista na Xunta e que colleitaron sonoros aplausos entre os asistentes, principalmente, entre as bancadas da UPG.

None

Máis BNG 

Rafael Iglesias, da CIG de Pontevedra, destacou o diálogo existente coas consellerías de Industria, Medio Rural e Vivenda, non así con Vicepresidencia ou Cultura. Paz Abraira foi máis alá e cargou contra todas as consellerías porque non se atenden as peticións das organizacións locais e comarcais e dos concelleiros do Bloque. Unha crítica que foi moi ovacionada. Tamén Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. E logo chegou o turno de Quin cargado de certo simbolismo por iso de sentirse "bloqueiro" dos pés á cabeza, aínda que polo baixo alguén dixo que agora era "bloqueiro de moqueta".En todo caso, bloqueiros a secas e bloqueiros de "moqueta" comparten ideas e obxectivos comúns, aínda que os aplausos colleitados polo candidato non teñan sido tan efusivos coma en outras ocasións.

***************************************

Crónica.- Quintana contra Quintana

X.S./ Santiago de Compostela

Anxo Quintana xa é, oficialmente, o candidato do BNG á Xunta. Nun congreso á "bulgara", segundo os seus críticos, o líder nacionalista asumiu o reto de levar ao nacionalismo as súas máximas cotas de poder e de sacar adiante un atrancado Estatuto de nación. Non o terá doado o de Allariz, máxime, cando só un destes obxectivos está na súa man; o primeiro. E é que superar os 18 escanos de 1997 semella difícil nun contexto de forte polarización entre as duas principais forzas políticas do Estado e sentindo detrás a sombra alongada de quen chegou a esa cota, Xosé Manuel Beiras. Un Beiras, que por certo, preferiu o polbo do San Froilán, que compartiu cun grupo de condicionais, a arroupar o seu líder. O outro, o de sacar adiante un "Estatuto de nación", non está da súa man. Depende do PPdeG e do PSdeG, ou en todo caso, do apoio de dous tercios do Parlamento galego, algo que, por agora, parece imposible. Tras o fracaso do primeiro intento polo veto popular, Quintana quere xubilarse no BNG cun texto que encha o sentimento de país que lle piden os seus e que repare a "aldraxe", xa superada, que no seu día supuxo o actual texto.

Saiu Quintana ante os seus coma un gladiador disposto a baterse na area, sabedor de contar cun grupo incondicional e cunhas armas poderosas. Unha estratexia boa e razonable pero que peca de certa inxenuidade, sobre todo, coñecendo as tácticas dos seus rivais e a esixencia e o cambio constante dos gustos do respetable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

26 Galicia Confidencial » Blog Archive » En profundidade.- Sobre ceses e outras cuestións

[...] “Se tan en contra están no BNG coa fundación privada porque non fan un comunicado ao respecto. Non hai ningunha decisión da Executiva nin do Consello Nacional que se posicione en contra”, aseguran fontes próximas á conselleira. GC tentou verificar este aspecto en conversas con membros da Executiva e do Consello Nacional e aseguran que non teñen coñecemento da existencia de documentos oficiais que se opoñan a esta fundación. Sen embargo, e tal e como comentamos aquí, na pasada Asamblea Nacional, Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. Tamén membros do MPLB e do Encontro Irmandiño teñen criticado esta cuestión nalgúnhas das xuntanzas nacionalistas. [...]

25 Aturuxo

Quin Africa?

24 perran adria_no

¿100 euros?

23 Picallo

Eu non poiden ir, a UPG e o Quintanestas peneiraron a comarca e a mín no me dexeiran ter a mínima posibilidade. Voume dar de baixa despois de 14 anos de militante, para ir de interventor a mesa electoral, e pagar a cota de 100 euros nas eleccion e ao único que como militante podo aspirar

22 perran adria_no

conchita dixo "... algunha xente de Quin que estaba no Comité Electoral avisárono e este mandou manipular os datos que se deron oficialmente. ..."

poderías aclarar un chisquiño máis o asunto este da manipulación que lle atribues ao quin? grazas de antemán.