Crónica.- Adiante co BNG

Que pasou no interior do cónclave nacionalista?, por que houbo un 5% de votos negativos ou en branco?, cal foi a a sensación da asamblea nacionalista extraordinaria deste domingo?. Galicia Confidencial informa sobre as interioridades do cónclave e da a súa particular visión do futuro de Quintana ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/10/2008 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

None

Onde andaban os delegados? 

Tamén hai a quen lle chamou a atención que dos máis de 1.600 delegados inscritos, tan só votaron 1.373. E que foi do resto?; parte deles eran membros do Consello Nacional representantes dos Irmandiños, Movemento pola Base ou A Alternativa que non acudiron. Outros eran delegados da emigración e só acudiron dous ou tres. En total, suman case 60 delegados. E o resto?. Pois o resto, e segundo as diversas fontes, que neste punto son coincidentes, foron pola mañán pero non acudiron pola tarde, ben por compromisos familiares ou por compromisos festeiros. Hai quen di que o San Froilán tivo moito que ver nesta pequena espantada. E que pasou nas intervencións do documento político?. Pois foron moitas e moi variadas e, algunhas, con certos tintes críticos. E é que neste punto foron 33 os delegados que pediron a palabra, entre eles, Teresa Táboas, a única dos conselleir@s que falou para respaldar a Quintana. Tamén o fixeron outros membros institucionais como Carlos Aymerich, Encarna Otero e Santi Domínguez Olveira. Asemesmo falaron, dentro do sector "quintanista", Roberto Mera; Manuel Antelo, Bascuas e Saul Santim de Espazo Aberto, Xesús Veiga de Inzar ou Iago Tabarés do PNG-PG. Por parte da UPG interviñeron o seu líder, Francisco Rodríguez; o deputado, Bieito Lobeira o membro da Executiva, Alberte Ansede. Tamén tomaron a palabra, Fernando Blanco, Tereixa Paz, Lois Diéguez, Rafael Iglesias ou Paz Abraira, estes últimos críticos coa acción nacionalista na Xunta e que colleitaron sonoros aplausos entre os asistentes, principalmente, entre as bancadas da UPG.

None

Máis BNG 

Rafael Iglesias, da CIG de Pontevedra, destacou o diálogo existente coas consellerías de Industria, Medio Rural e Vivenda, non así con Vicepresidencia ou Cultura. Paz Abraira foi máis alá e cargou contra todas as consellerías porque non se atenden as peticións das organizacións locais e comarcais e dos concelleiros do Bloque. Unha crítica que foi moi ovacionada. Tamén Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. E logo chegou o turno de Quin cargado de certo simbolismo por iso de sentirse "bloqueiro" dos pés á cabeza, aínda que polo baixo alguén dixo que agora era "bloqueiro de moqueta".En todo caso, bloqueiros a secas e bloqueiros de "moqueta" comparten ideas e obxectivos comúns, aínda que os aplausos colleitados polo candidato non teñan sido tan efusivos coma en outras ocasións.

***************************************

Crónica.- Quintana contra Quintana

X.S./ Santiago de Compostela

Anxo Quintana xa é, oficialmente, o candidato do BNG á Xunta. Nun congreso á "bulgara", segundo os seus críticos, o líder nacionalista asumiu o reto de levar ao nacionalismo as súas máximas cotas de poder e de sacar adiante un atrancado Estatuto de nación. Non o terá doado o de Allariz, máxime, cando só un destes obxectivos está na súa man; o primeiro. E é que superar os 18 escanos de 1997 semella difícil nun contexto de forte polarización entre as duas principais forzas políticas do Estado e sentindo detrás a sombra alongada de quen chegou a esa cota, Xosé Manuel Beiras. Un Beiras, que por certo, preferiu o polbo do San Froilán, que compartiu cun grupo de condicionais, a arroupar o seu líder. O outro, o de sacar adiante un "Estatuto de nación", non está da súa man. Depende do PPdeG e do PSdeG, ou en todo caso, do apoio de dous tercios do Parlamento galego, algo que, por agora, parece imposible. Tras o fracaso do primeiro intento polo veto popular, Quintana quere xubilarse no BNG cun texto que encha o sentimento de país que lle piden os seus e que repare a "aldraxe", xa superada, que no seu día supuxo o actual texto.

Saiu Quintana ante os seus coma un gladiador disposto a baterse na area, sabedor de contar cun grupo incondicional e cunhas armas poderosas. Unha estratexia boa e razonable pero que peca de certa inxenuidade, sobre todo, coñecendo as tácticas dos seus rivais e a esixencia e o cambio constante dos gustos do respetable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

21 QUEBENSEVIVECANDOSEVIVEBEN

Beiras xa é pasado (político e gastronómico), e Quin ten moito futuro gastronómico.

20 Esmendréllome

Beiras vai en picado e en caída libre cara o disparate e o ridículo totais.

Primeiro fainas e despois asómbrase do que fai. Patético.

Concordo con Costadamorte (sen que serva de precedente).

19 Costadamorte

Un comentario que non sei si ven a conto...
Onte, o "Beiras", alporizouse na Radio Galega porque o Feijoo utilizara o seu desplante a Asemblea indo ao San Frilán para atacar ao BNG, Beiras veu decir que non consentía que o PP utilizara a súa figura para atacar ao BNG...
¿E logo que pensaba?..., ¿que os seus desplantes e críticas non as iba aprobeitar o enemigo?...
¿Non lembra como empregaba contra o PP as guerras entre boina e birretes como cando Cuiña enviara ao poleiro do congreso do PPdeG a Rajoy e a Romay?...
Seica a iste home a toxina amnésica das vieiras de Toñi Vicente escomenzalle a afectar aos miolos...
¡hai que saber distinguir ao nemigo!, (e a ise, nin auga, e no deserto...¡polvoróns e xamón salado!)...

18 Aturuxo

Lapidación estamos a falar dunha asamblea nacional non dun teléfono móbil. Seguindo cos simplismos poderiamos dicir que tedes todos o do bando oficial o mesmo encefalograma plano

17 Lapidación

¿Pero aínda non lapidaron a Quintana por ter un teléfono móbil?

¡Esto é intolerable! ¡É un atentado á democracia!

Anxo Quintana, Lapidación !!!