(Vídeo) Que agasallan os galegos por San Valentín? O de sempre non falla

O 14 de febreiro hai quen recibe un detalle e hai que non, pero imos descubrir as opcións dos que se animan neste día.

Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 14/02/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Se pensamos no día de San Valentín e en que agasallar para ter un detalle, rápido se nos ven á mente: un ramo de rosas. O Galicia Confidencial saíu ás rúas de Compostela para visitar diferentes comercios e ver como afrontan esta campaña. A primeira parada foi unha florería onde a dependenta nos ensina un ramo de tamaño XXL cheo de fermosas rosas vermellas que segue sendo "o máis demandado". Destaca que tamén se apostou moito pola cor amarela e branca desta flor típica de San Valentín. Porén, fai fincapé en que o que está agotado é o tulipán, reclamo estrela desta campaña en diferentes cores. Mercan tanto homes coma mulleres e especialmente as rapazas máis novas que se animan á agasallar aos seus mozos con flores por esta data. Tamén se merca moito a rosa preservada en cristal, que se conserva mellor e chama a atención. 

Un ramo de rosas vermellas
Un ramo de rosas vermellas

De non ser flores, que se vos vén á cabeza? Bombóns de chocolate! Pois a seguinte parada é unha tenda do máis doce, chea de chocolate. Explícannos que fixeron unha campaña especial e lanzaron dous productos: un pinguino de chocolate en dous tamaños en consonancia coa mensaxe de que este animal escolle parella "para toda a vida" e unha bomba de chocolate, acompañada por uns bombóns recheos de peta zeta e co lema "se te quero máis, exploto". Preguntámoslle á dependenta, cal é o perfil de público que merca e afirma que hai tanto mozos como persoas máis maiores. Tamén recoñece que soen ser máis mulleres soen apostar máis por esta opción doce ca os homes, pero que eles son "os que veñen co tempo enriba". 

Seguindo coa ruta, paseando polo Ensanche, atopamos o escaparate dunha tenda de comestibles que ten o cristal cheo de papeliños rosas pegados. Teñen escrito "quérote" en diferentes idiomas, como o inglés, turco, francés, alemán e dedicatorias de amor. Quixemos saber de que se trataba é a autora desta iniciativa díxonos que era con motivo de San Valentín. "A idea é que toda persoa que pase por aí e queira deixar unha mensaxe de amor, unha dedicatoria, o poida facer e de paso participar nun concurso para gañar un lote da tenda, subindo unha foto ás redes sociais", explicaba a dependenta. Esta iniciativa xa se fixo en Nueva York e ela pensou en replicalo en Compostela e compartíu con nós a súa historia de amor. É francesa e foi precisamente na cidade do amor, París, onde namorou dun galego. Coincidiron no avión e dous días despois de "pura casualidade" volveron atoparse, a día de hoxe levan 17 anos e dous fillos. E vos? Sodes dos que teñen un detalle no día de San Valentín cos vosos seres queridos? E cal sería? 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta