Rueda sobre as sancións da Xunta Electoral: "Xa todo está recurrido por parte da oposición"

O presidente galego critica non poder falar despois dos consellos da xunta porque considera "de servizo público" as cousas que se abordan.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/02/2024 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral volveu abrir expediente de sanción ao presidente da Xunta polas convocatorias de axudas feitas na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta do pasado 8 de febreiro e, posteriormente, colgadas na web da Xunta. É o segundo expediente aberto a Alfonso Rueda tras ser apercibido tamén polo anuncio das pensións non contributivas.

O presidente da Xunta de Galicia e candidato do PP á reelección, Alfonso Rueda, nun acto de campaña
O presidente da Xunta de Galicia e candidato do PP á reelección, Alfonso Rueda, nun acto de campaña | Fonte: Agostime - Europa Press

Unha situación que o candidato do PP á Presidencia da Xunta, di non entender e responsabiliza directamente á oposición. "Xa todo está recurrido por parte da oposición", denunciou.

"Eu considero estas informacións como servizo público. E as considero sempre, senón non as faría, pero en base a estes dictámenes teñen que entender que o meu posicionamento é referirse única e exclusivamente, mesmo sen entendelo demaisado, aos acordos que adoptamos".

Preguntado por GC por estas sancións, Rueda destacou que, precisamente, por iso, non "tenta" falar máis da conta. "Podo ou non estar dacordo con algúns pronunciamentos da XE, pero a miña obriga, lóxicamente, é tentar ser o máis prudente posible neste sentido", manifestou. "Seguimos gobernando e xestionando, pero a miña obriga é dar conta pero non ir máis alá".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta