O TSXG dá a razón a un traballador excluído dun proceso de selección en Navantia por estar sobrecapacitado

Por un "nivel de madurez e de coñecemento profundo do seu traballo moito maior ao esperado para un perfil júnior".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2024 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) revogou unha sentenza do xulgado do Social número 1 en Ferrol de modo que dá a razón a un traballador que foi excluído dun proceso por un "nivel de madurez e de coñecemento profundo do seu traballo moito maior ao esperado para un perfil júnior".

Así, o TSXG condena á compañía a continuar o proceso para 42 prazas de persoal técnico superior coa inclusión desta persoa como un dos aspirantes que superaron a fase de dinámica de grupo e entrevista persoal.

A sentenza cualifica os argumentos da compañía de "retórica que non ten nin un mínimo sustento nos criterios de selección da convocatoria" e considera que actuou de forma contraditoria e arbitraria, polo que vulnerou os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público.

Nun comunicado, a CXT valora que o fallo "lle dá un repaso en condicións á empresa" e tacha de "impresentable" que presente recurso ante o Tribunal Supremo. "E son demasiadas as sentenzas condenatorias por ilegalidades no ámbito de recursos humanos".

Sala para xuízos con tribunal de xurado na Audiencia da Coruña
Sala para xuízos con tribunal de xurado na Audiencia da Coruña | Fonte: TSXG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ramon

A quien defienden el resto de sindicatos que representan al comité de empresa. Una ilegalidad así no puede permitirse. Donde esta esos que dicen que defienden a los trabajadores???