Por Galicia Confidencial | VIGO | 17/02/2024 | Actualizada ás 20:46
Os tres grandes candidatos á presidencia da Xunta, Alfonso Rueda (PPdeG), Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), uníronse nesta xornada de reflexión nun lugar: o estadio de Balaídos, en Vigo (cuxa remodelación está dando tanto que falar). E é que este sábado enfrontábase o Celta ao Barcelona e ningún dos líderes políticos quixo perderse este encontro, como una forma de desconectar dunha longa campaña nesta carreira cara as urnas da que mañá se coñecerá o gañador.
Por que todos coincidiron nesta cita? Porque se trataba dun gran encontro para os galegos que aman o fútbol. O Celta de Vigo está próximo ao descenso, mentres que o Barça estase xogando o non descolgarse da loita pola Liga, perseguindo ao Girona e ao Real Madrid. O partido desta xornada 25 comezou ás 18.30 horas. Un partido moi igualado no que o Barça se puxo por diante ao final da primeira parte e o Celta empatou nada máis comezar a segunda. Finalmente, e tras un penalti a favor do Barcelona, o partido rematou cun 1-2.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.