BNG quere que a comisión do 'caso Koldo' do Congreso investigue tamén contratos da Xunta de Feijóo

Ana Pontón, esixiu este martes ao Partido Popular (PP) que "escoite a Vigo".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 27/02/2024 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou que na comisión de investigación que o PSOE expuxo no Congreso a raíz do 'caso Koldo' se investiguen todas as contratacións de material sanitario na pandemia, inclusive as que se fixeron pola Xunta de Alberto Núñez Feijóo durante este período.

En rolda de prensa no Congreso, Rego pediu estender a todos os ámbitos esta investigación nunha intervención na que se fixo eco dunha información xornalística na que se avanza que a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro Galego di que presentará unha denuncia na oficina Europea Antifraude pola compra de máscaras supostamente falsificadas e que non cumprían os requisitos da Unión Europea na etapa do actual líder do PP na Xunta.

"O Partido Popular está a manter unha actitude absolutamente demagóxica pondo o foco no caso Koldo", afeou Rego, subliñando que hai "máis casos". Lembrou por exemplo, o caso do irmán da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, á vez que fixo mención a esa información. "E quen estea implicado, debe asumir responsabilidades políticas, por tanto, rexeitamos coa mesma contundencia a corrupción que pode haber detrás do caso Koldo, a demagoxia do Partido Popular e avogamos por que aqueles casos que afectan e parece que son bastantes ao Partido Popular, pois sexan tamén investigados", sinalou.

"TODOS OS CONTRATOS"

Así, pediu que sexan investigados "todos" os contratos para a compra de máscaras que tiveron lugar durante a pandemia, incluídos os dos gobernos do PP naquel momento e para que "quen estea implicado asuma responsabilidades políticas". Ademais, advertiu ao PP, en referencia ao caso do irmán de Díaz Ayuso, e ao suposto caso de Feijóo que "quen oculta actuacións que poden derivar de casos de corrupción, non ten en absoluto lexitimidade para culpar a outros como o está facendo", e afeou a súa "demagoxia".

Néstor Rego no Congreso dos Deputados / Europa Press / Europa Press
Néstor Rego no Congreso dos Deputados / Europa Press / Europa Press

PONTÓN ESIXE EN VIGO QUE O PP "ESCOITE A VIGO"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu este martes ao Partido Popular (PP) que "escoite a Vigo" e anunciou que a primeira medida que os nacionalistas solicitarán para atender as necesidades da cidade será reclamar que o 50% da vivenda proxectada no barrio de Navia sexa pública, para ofrecer en aluguer a prezo taxado. Así o sinalou a líder do Bloque nun acto de presentación do oito deputados que o partido obtivo na provincia de Pontevedra nas pasadas eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Pontón agradeceu o apoio "espectacular" que os vigueses deron ao BNG, que se situou como primeira forza política na cidade con preto do 37% dos votos. "O PP debe de tomar nota do que pasou en Vigo, porque o Goberno da Xunta non escoite e non atende á cidade", criticou Ana Pontón, pedindo ao Executivo galego que acabe cos "malos tratos e a discriminación" da urbe olívica e comece a escoitar "a todas as persoas que non pensan como o PP". Entre as súas peticións, a portavoz nacionalista referiuse a a "misión imposible" que supón o acceso á vivenda en Vigo, polo que este problema centrará a primeira proposta que o Bloque levará ao Parlamento de Galicia na nova lexislatura.

Así, solicitará que o 50% das vivendas proxectadas en Navia sexan públicas para aluguer social. "Estamos a falar dunhas 800 vivendas", reivindicou, lembrando que ata 15 barrios de Vigo están "tensionados" por altos prezos no aluguer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta