Angrois volve á palestra: o BNG pregunta á Comisión Europea se vai instar á CIAF a unha nova investigación

Despois de que este organismo descartase esta reapertura nunha contestación á Plataforma Vítimas do Alvia 04155 despois de que o Tribunal Supremo obrigoulle a formular resposta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, presentou unha pregunta ante a Comisión Europea sobre se vai instar á Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) a unha nova investigación sobre o accidente de Angrois, en Santiago, ocorrido en xullo de 2013 (con 80 falecidos e máis dun centenar de feridos), despois de que este organismo descartase esta reapertura nunha contestación á Plataforma Vítimas do Alvia 04155 despois de que o Tribunal Supremo obrigoulle a formular resposta.

"Queremos saber se a Comisión coñece este feito tan grave e se vai instar, de novo, á CIAF, a realizar unha investigación independente", explica nun comunicado. E é que censura que a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios "nunca tivo o máis mínimo interese en investigar as causas últimas do accidente do Alvia".

Miranda lembra que en 2016 a Axencia Ferroviaria Europea emitiu un informe no que sinalaba que a investigación da CIAF non foi independente nin abordaba os elementos crave do sinistro. Tras iso, en 2017, a Dirección Xeral de Mobilidade e Transportes instaba a ese organismo a unha investigación independente, e, en 2019, a Comisión Europea abriu procedemento de infracción contra o Estado español por incumprimento das obrigacións de seguridade ferroviaria sobre avaliación específica do control de riscos.

Por todo iso, Ana Miranda solicitou unha nova reunión coa comisaria de Mobilidade e Transportes, Adina Valean, a quen lle transmitirá as súas dúbidas sobre os avances no cumprimento de España. Doutra banda, a eurodeputada do Bloque presentou outra pregunta en relación con "manobras" do Goberno do PP de Mariano Rajoy en 2016 para que a UE non revelase a crítica á investigación realizada pola CIAF.

Ana Miranda nun acto sobre Angrois
Ana Miranda nun acto sobre Angrois | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta