Adiántase a aparición das primeiras esporas de mildiu en Pontevedra

O personal de Areeiro asegura que se debe ás altas temperaturas rexistradas, superiores ás habituais nesta época.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra publicou o primeiro aviso fitosanitario de 2024 no que advirte da aparición das primeiras esporas de mildiu. Segundo informou, a Estación Fitopatolóxica Areeiro recomendou iniciar o tratamento antimildiu en canto as vides estean ben brotadas.

Aínda que algúns algoritmos externos xa apuntaban á maduración da oospora de mildiu a finais de xaneiro e un que manexa o proxecto 'Plasmowine' a primeiros de febreiro, a nivel práctico a estación non puido confirmalo ata esta semana.

Neste ámbito, o persoal técnico de Areeiro asegurou que as altas temperaturas, superiores ás rexistradas habitualmente nesta época, unidas a unha tempada moi chuviosa, son condicións favorables para enfermidades e pragas como o mildiu.

Viñedos afectados polo mildiu en Pontevedra.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Viñedos afectados polo mildiu en Pontevedra.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta