Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2024 | Actualizada ás 12:04
O ingreso medio dos fogares galegos foi de 2.548 euros en 2022, un 5,5% máis que en 2021, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres. Os fogares cuxa fonte principal de ingresos son os salarios contan con 2.930 euros, no caso de conta propia é de 2.883 euros, mentres que no caso das prestacións son 2.086 euros.
O 60,37% dos fogares de Galicia teñen algunha persoa asalariada, unha cifra que segue sen alcanzar o 61,1% que se rexistraba en 2007, segundo estes datos do IGE. A área de Santiago é a que conta con maior taxa de fogares con algunha persoa asalariada (67,5%). No outro extremo atópase o sur de Ourense (40%). As provincias da Coruña e Pontevedra son as que teñen maior cifra de fogares con asalariados.
En 2022, o 47,1% dos fogares galegos ten como fonte principal de ingresos os salarios, seguido polos que teñen as prestacións (42%), así como os fogares con traballo por conta propia son pouco máis do 6%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.