Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2024 | Actualizada ás 16:19
O sindicato CXT convocou no ámbito municipal de Pontevedra unha folga de 24 horas para o día 14 de marzo en solidariedade con Palestina e baixo a lema 'Paremos o xenocidio'. Esta organización sindical fixo un chamamento á participación dos traballadores das administracións do Estado, Xunta, Deputación e do Concello, así como ao profesorado dos centros educativos de Ensino Secundario, Formación Profesional e Universidade.
Os convocantes desta xornada de protesta son a CXT e unha serie de colectivos agrupados baixo o nome de 'Pontevedra-Palestina', que organizan esta mobilización "para deter o xenocidio, os crimes de guerra e os crimes contra a humanidade que Israel estivo levando a cabo, coa complicidade activa e o financiamento da súa actividade criminal por parte do goberno da Unión Europea e do Estado español".
Con estes actos de protesta, a CXT pretende esixir ao Estado que declare e leve a cabo a "ruptura inmediata con Israel" e que proceda a "sancionar e embargar" a todas as empresas, públicas ou privadas, que manteñan e apoien o comercio de armas con Israel ou colaboren na "colonización ilegal" de terras palestinas, particularmente nas zonas militarmente ocupadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.