O frío, a neve, o vento e a chuvia voltan a Galicia

Aviso amarelo en Galicia por ventos e ondas no litoral atlántico e neve na montaña de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Meteogalicia puxo en aviso amarelo a costa atlántica da Coruña e Pontevedra por fortes ventos e ondas que pode alcanzar os 4 e 5 metros de altura na Costa da Morte e as Rías Baixas.

Segundo o boletín de avisos actualizado ás 8,58 horas deste xoves 7 de marzo, na montaña de Ourense pódense esperar refachos de ata 80 km/horas ata o mediodía. Nesta mesma zona está activado o aviso amarelo por acumulación de neve por encima de 5 centímetros por encima dos 1000 metros de altitude.

Ademais, ata as 21 horas, pódense esperar refachos de vento no mar de forza 7 con intervalos de forza oito no litoral das Rías Baixas e da Costa da Morte. Nesta mesma franxa, hai aviso amarelo por mar de fondo con ondas de catro a cinco metros.

Ondas durante a fronte meteorolóxica, a 23 de febreiro de 2024, na Coruña, Galicia (España). A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) decretou un aviso laranxa por temporal costeiro no litoral galego que xa está activo. O noroeste e oeste da Coruñ. M. Dylan - Europa Press
Ondas durante a fronte meteorolóxica, a 23 de febreiro de 2024, na Coruña, Galicia (España). A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) decretou un aviso laranxa por temporal costeiro no litoral galego que xa está activo. O noroeste e oeste da Coruñ. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta