O PP reclamará no Senado que o lobo deixe de ser especie protexida: "O gandeiro non queren diñeiro, quere aos seus animais"

O Partido Popular levará ao Senado unha moción para solicitar ao Goberno Central a exclusión do lobo da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lespre) e que, en colaboración coas comunidades autónomas que máis padecen este problema e aos sectores implicados, realice un Plan de Xestión que faga compatible a súa conservación coa defensa dos intereses dos gandeiros.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 10/03/2024 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O Partido Popular levará ao Senado unha moción para solicitar ao Goberno Central a exclusión do lobo da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lespre) e que, en colaboración coas comunidades autónomas que máis padecen este problema e aos sectores implicados, realice un Plan de Xestión que faga compatible a súa conservación coa defensa dos intereses dos gandeiros.

Así o declarou a alcaldesa de Guntín e senadora dos populares por Lugo, María José Gómez, que incidiu en que "hai que pór medidas" de control para "manter o equilibrio" entre o mundo rural e a protección desta especie. Os populares lembraron, nun comunicado, que ata o 2021 permitíase ás Comunidades Autónomas adoptar medidas de control de poboacións de lobos para garantir a súa coexistencia coa actividade gandeira.

"Isto cambiou cando ese mesmo ano o Goberno (co voto en contra das Comunidades afectadas) decidiu incluír a toda a poboación do lobo español na listaxe de especies estritamente protexidas", detallou o partido. A consecuencia da inclusión do lobo no Lespre, segundo recolle o texto da moción, é o "malestar" da poboación rural e, máis en concreto, dos gandeiros que "ven cada día minguar os seus rabaños" a consecuencia dos ataques destes animais.

Ademais, os populares incidiron en que as compensacións económicas "non son suficientes" porque o gandeiro "non quere diñeiro, quere aos seus animais". Por iso, instaron ao Goberno a que o lobo pase de ser especie "estritamente protexida" a especie "protexida", en consonancia co último informe da Unión Europea que, lembraron, recomenda reconsiderar a posición en canto á protección total da especie. Ademais da firma de María José Gómez, a moción conta coa rúbrica do senador e alcalde de Lalín, José Crespo, en representación da provincia de Pontevedra, e a senadora Carmen Leyte por parte da provincia de Ourense.

O vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do PP, Pedro Rollán, desprazouse a Muras, un municipio rural da Terra Chá, en Lugo, en que a gandaría ten gran peso económico, para coñecer o sector e dar o apoio dos populares
O vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do PP, Pedro Rollán, desprazouse a Muras, un municipio rural da Terra Chá, en Lugo, en que a gandaría ten gran peso económico, para coñecer o sector e dar o apoio dos populares | Fonte: PPDEGALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta