O Festival EmigraSON triunfa na súa segunda edición levando a riqueza cultural galega a Bélxica

Este festival único, que se convertiu nun punto de encontro para a comunidade galega e amantes da cultura en Bélxica, ofreceu, unha vez máis, unha experiencia inesquecible chea de música, poesía, tradición e reflexión.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 10/03/2024 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O Festival EmigraSON, a celebración moderna e vibrante da cultura galega en terras belgas, está de volta coa súa tan agardada segunda edición. Este festival único, que se convertiu nun punto de encontro para a comunidade galega e amantes da cultura en Bélxica, ofreceu, unha vez máis, unha experiencia inesquecible chea de música, poesía, tradición e reflexión. Dende os seus comezos, o Festival EmigraSON destacou polo seu compromiso coa xuventude e os talentos emerxentes. Esta segunda edición non foi unha excepción, xa que presentou un programa diverso e emocionante deseñado para atraer a persoas de todas as idades e intereses. 

Organización do Festival EmigraSON
Organización do Festival EmigraSON | Fonte: EmigraSON

Foi unha sinfonía de eventos que abarcaron dende a poesía ata a investigación, pasando pola música e a tradición. Un dos puntos destacados foi 'Aldaolado: Poesía Escénica', unha actuación realizada no Instituto Cervantes de Bruselas polas talentosas poetisas Lucía Aldao e María Lado, que deleitaron coa súa espontaneidade e complicidade tratando temas de interese colectivo como a lingua, o amor romántico ou a igualdade de xénero.

Para os amantes da máis rica tradición musical galega, a 'Foliada EmigraSON' a cargo do grupo tradicional Alumea, composto por descendentes de galegos que emigraron a Bélxica nos anos 50, no Centro García Lorca de Bruselas foi unha experiencia auténtica chea de música e bailes tradicionais. O 'Foro da Investigación Galega no Estranxeiro', unha xornada adicada á investigación galega no exterior cuxo obxectivo é abordar os desafíos e oportunidades que afronta o sector da investigación en Galicia e España convertiuse nunha plataforma dinámica para o intercambio de ideas e a colaboración.

EMIGRASON: O NOVO ÉXITO MUSICAL NO CORAZÓN DE EUROPA

Unha vez máis, a música galega resoou con forza no corazón de Europa coa segunda edición do festival EmigraSON. Este evento, que tivo lugar na sala de concertos La Tricoterie, en Bruselas, chamou a atención a aproximadamente 500 persoas que quixeron desfrutar da riqueza sonora e cultural da Galicia. Dende os seus comezos, EmigraSON erixiuse como un referente musical no panorama europeo.

A súa capacidade para reunir artistas destacados e ofrecer unha experiencia única aos asistentes consolidou a súa posición como un dos festivais máis importantes da rexión. Este ano, a empresa galega Deleite, sumouse como colaborador para enriquecer aínda máis a proposta cultural do evento, ao igual que a Xunta de Galicia e Rei Zentolo. A segunda edición do Festival EmigraSON contou, unha vez máis, coa contribución dos eurodiputados Nicolás Casares do PSOE e Ana Miranda do BNG. O seu apoio permitiu que o festival se levara a cabo en Bruselas. 

THE RAPANTS REGRESA AO FESTIVAL CUNHA EXPLOSIÓN DE ENERXÍA E BO ROLLO

O Festival EmigraSON recibiu por segunda vez ao vibrante grupo de Muros, The Rapants, quenes fixeron o seu agardado regreso co seu último álbum 'La Máquina del Buen Rollo', programado para ver a luz o próximo 14 de marzo. Cunha promesa de ser "máis tranquilo pero máis cañero que os anteriores", o grupo non decepcionou, entregando unha actuación chega de enerxía e positividade que deixou ao público pedindo máis. Este novo disco, que se agarda con ansias, consta de nove temas en total dos cales sete serán inéditos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta