Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 16:27
Concellos e deputacións gardaron este luns un minuto de silencio con motivo do Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo. Este 11 de marzo, ademais, cúmprense 20 anos dos atentados de Atocha, que acabaron coa vida de 193 persoas na estación de tren de Madrid.
No seu recordo, numerosas corporacións municipais concentráronse esta mañá fronte ás casas consistoriais, como a de Ourense, a de Pontevedra, a da Coruña a de Santiago e a de Vigo, entre outras. Tamén, nas deputacións provinciais gardouse o minuto de silencio fronte aos pazos provinciais, como fixeron as de Ourense e Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.