Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2024 | Actualizada ás 20:46
Un home tivo que ser evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente no municipio coruñés do Pino, ao envorcar o coche que conducía. Ademais, tivo que se excarcerado debido ao accidente, ocorrido sobre as 13,30 horas deste mércores.
Desta maneira, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 solicitou a intervención dos bombeiros de Arzúa. Xa no lugar do suceso, os efectivos do parque comarcal tiveron que empregar o material de excarceración para poder liberar ao ferido a través do teito do vehículo.
Adicionalmente, os bombeiros permaneceron no punto para facer labores de limpeza e recoller restos do accidente que había pola estrada. Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou un helicóptero medicalizado para poder trasladar ao ferido. Tamén foron informados a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.