Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2024 | Actualizada ás 12:04
A Policía Xudicial investiga o achado de restos de ósos, dun cadaleito e dun nicho nunha zona de monte no lugar de Lamas, no municipio pontevedrés de Lalín.
Segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, unha persoa que camiñaba pola zona a última hora da tarde do xoves atopou estes ósos e deu aviso á Garda Civil. Tras desprazarse ata o lugar o equipo da policía xudicial do corpo, realizaron unha inspección ocular e acharon restos óseos que, tal e como indican estas mesmas fontes, son de hai "moito tempo".
Ademais, tamén atoparon roupa pertencente a unha muller, restos do cadaleito e do nicho, así como de cemento. As primeiras investigacións apuntan a que os restos proceden do baleirado ou limpeza dun nicho ou dun pazo onde antigamente se realizaban enterramentos. Agora, a Garda Civil investiga os feitos para tratar de esclarecer quen depositou no lugar eses restos e localizar aos familiares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.