Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2024 | Actualizada ás 17:51
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, fixo un chamamento para evitar a perda do panteón da Casa de Galicia en Montevideo como, sinalou, xa ocorreu coa súa sede social e o sanatario. "Non podemos permitir que se perda o patrimonio galego na diáspora, sexa tanto en Buenos Aires como en Uruguai", manifestou Ana Miranda, que participou en Buenos Aires e na capital uruguaia en diferentes xornadas de traballo nas que mantivo encontros coa colectividade galega.
En concreto, en Montevideo mantivo reunións co Padroado da Cultura Galega e coa Casa de Galicia, entidade creada tras o peche "inxusto" da Casa de Galicia. Alí, segundo trasladou o BNG nunha nota de prensa, a directiva trasladoulle á eurodeputada do Bloque o seu agradecemento polas denuncias e xestións levadas a cabo para evitar a perda do patrimonio, "coa complicidade do goberno uruguaio e do goberno galego".
Así mesmo, Miranda destacou o traballo desenvolvido pola directiva do Colexio Santiago Apóstolo de Buenos Aires, así como do Centro Galicia e da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina, entidades coas que se reuniu en días previos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.