Profesionais de seguridade privada demandan poder acollerse á xubilación anticipada

Mobilizáronse, convocados por UXT na Coruña e en Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Profesionais do sector da seguridade privada mobilizáronse, convocados por UXT na Coruña e en Vigo, para esixir que este colectivo poida acollerse á xubilación anticipada, "con contrato de substitución e con coeficientes reductores".

Estas condicións foron solicitadas "desde o 2017 a nivel estatal", explicou o responsable do sector de seguridade privada de UXT en Galicia, Juan Carlos Tages, en declaracións a Europa Press. Fíxoo durante a mobilización celebrada ante a Dirección Provincial da Seguridade Social na cidade herculina na que os traballadores portaban unha pancarta coa lema 'Xubilación anticipada xa'.

"Actualmente nós non temos ningún coeficiente reductor, non temos nada, xubilámonos aos 67 anos", denunciou tras explicar que desempeñan unha "actividade complementaria dos servizos públicos".

"Os servizos públicos téñeno e nós non", insistiu, ante unha situación que afecta a "unhas 4.000 persoas, persoal de seguridade", apuntou no marco das protestas convocadas pola central sindical entre os seus afiliados.

Profesionais da seguridade privada, convocados por UXT, concentrados ante a Dirección Provincial da Seguridade Social na Coruña. UXT
Profesionais da seguridade privada, convocados por UXT, concentrados ante a Dirección Provincial da Seguridade Social na Coruña. UXT | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta