Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 17/04/2024 | Actualizada ás 21:10
O prestixioso escritor colombiano Gabriel García Márquez (1927-2014), autor de importantes obras da literatura universal como 'Cien años de Soledad' ou 'Crónica de una muerte anunciada', estaba máis relacionado coa nosa terra galega do que podemos imaxinar. E é que, segundo el mesmo cría e puido ir averiguando ao longo da súa vida, a súa avoa Tranquilina Iguarán Cotes era galega. Ben sabido é que en Latinoamérica a emigración galega estaba nos séculos XVIII e XIX á orde do día dende que se descubrira o novo mundo, e ao parecer Tranquilina, de Aracataca (Macondo), era descendente de xente que chegara a Coro, a capital do estado ou Territorio de Falcón (Venezuela) ao redor do ano 1826, dende onde deron o salto a La Guajira colombiana.
O asunto comeza en 1983, cando Felipe González, recén chegado ao poder, chama a Domingo García-Sabell, presidente da Real Academia Galega (RAG), naquel momento delegado do Goberno en Galicia, para comunicarlle que García Márquez vai visitar Santiago e quere pasar de incógnito. Foi García-Sabell o que á súa chegada a Santiago o ilustrou sobre como florecían e trepaban as herbas polas pedras da catedral. Quedou tan agradecido que o Nobel fíxolle unha dedicatoria a Teresa, filla do anfitrión, en 'Cien años de Soledad': 'Para Teresa, en cuxa fronte o ceo empeza'. Daquela viaxe de incógnico quedan un par de artigos antolóxicos: o primeiro de García Márquez 'Viendo llover en Galicia', e o segundo do presidente da RAG 'Gabo, en Compostela'.
'Viendo llover en Galicia' (publicado en 'El País', narra ese autoagasallo que foi para o Nobel colombiano visitar Galicia, cumprindo así un dos seus soños máis antigos. Galicia é terra de bo comer e García Márquez sabíao ben, pois lembraba como a súa avoa, panadeira, tras quedarse sen formo, continuou facendo os mellores xamóns que probara na súa vida. O escritor conservou na súa memoria o sabor do primeiro cacho que probou e non foi ata 40 anos despois, en Barcelona, cando atopou unha rebanada que lle lembrou ao produto que preparaba a súa avoa. Pero esa forma de cociñar non estaba precisamente en Cataluña, senón en Galicia, cuna do lacón, onde o escritor atopou as súas orixes nas choivas, os verdes e os ventos: "Só entón entendín de onde sacara a avoa aquela credulidade que lle permitía vivir nun mundo sobrenatural onde todo era posible, onde as explicacións racionais carecían por completo de validez (é dicir, o realismo máxico), e entendín de onde lle viña a paixón de cociñar para alimentar aos forasteiros e o seu costume de canta todo o día".
García Márquez estaba convencido (alo menos durante unha época), de que a súa avoa era galega, de aí a súa obsesión por visitar Santiago: "Os meus avós eran descendentes de galegos, e moitas das cousas sobrenaturais que me contaban proviñan de Galicia". Foi precisamente ese realismo máxico, o feito de narrar feitos fantáticos e inverosímiles coma se fomasen parte da vida cotiá, o que ensalzou ao escritor colombiano á fama. Se lemos detidamente as súas obras, poden lembrarnos ás historias galegas de meigas e milagres, tan arraigadas na nosa tradición oral. Galicia é cuna de mitos e lendas transmitidos de xeración en xeración, como é o caso da famosa Santa Compaña ou do Lobishome, e de ritos como a queimada do San Xoán ou as cabazas do Samaín. Do mesmo xeito que facía a avoa de García Márquez, estas historias contábanse de avós a netos en Galicia como algo verosímil.
Así, con esta forma de narrar historias tan galega, as sospeitas do seu parentesco con Galicia, aínda que fose lonxano, non eran de estrañar. Tras as indagacións, todo semella apuntar a que os pais de Tranquilina Iguarán eran galegos que inculcaran á súa filla esta forma de contar historias: "Movíase nun mundo de fronteiras difuminadas entre vivos e mortos, e só estes merecían a atención dos seus relatos", recolle o Centro Virtual Cervantes (CVC) sobre esta muller. García Márquez medraría escoitando os relatos de Tranquilina e algo se lle pegou, non cabe dúbida. Cando publicou 'Cien años de soledad', quizáis a obra máis representativa do realismo máxico, o autor confesaba que usara o método para contar historias da súa avoa: "Narrar as historias máis extraordinarias, inverosímiles e conmovedoras coa cara de pau coa que as contaba ela".
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Recta final espectacular do 'XIV Outono Códax Festival'
- Korn, nova confirmación para o Resurrection Fest 2025
- Manuel Rivas: "Estamos en risco pola unión de poder político, mediático, económico e armamentístico"
- López Campos destaca o exemplo inclusivo da Romaría Internacional na presentación dun libro sobre este encontro
- Prensentan a programación completa do Culturgal con máis de 200 actividades representativas da cultura galega
- Sae adiante o Proxecto de Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia