Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2024 | Actualizada ás 16:08
Un operario de guindastre morreu tras ser atropelado na noite do pasado martes mentres auxiliaba a un vehículo avariado na autovía AG-56, quilómetro 1.4, ao seu paso por Santiago.
Segundo informa o 112 Galicia a Europa Press, sobre as 22,45 recibiu a chamada dunha particular informando dun atropelo na autovía. Así, informouse a urxencias sanitarias, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil, entre outros.
O home, de 56 anos de idade e veciño de Pontecesures, era traballador de Guindastres Castmart. O funeral celebrarase na tarde deste xoves na iglesa de San Xulián, en Pontecesures. A Asociación Nacional de Empresas de Auxilio na estrada emitiu un comunicado no que lamenta este falecemento e expresa as súas condolencias a familia e amigos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.