O BNG pedirá ao Goberno central que se opoña ao proxecto de Altri

O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno no Senado que manifeste a súa oposición ao proxecto e que quede excluído das axudas PERTE de descarbonización industrial.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 05/04/2024 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno no Senado que manifeste a súa oposición ao proxecto da multinacional portuguesa Altri no municipio lugués de Palas de Rei e que quede excluído das axudas PERTE de descarbonización industrial. "O Goberno debe aclarar se aposta por este proxecto á conta dos nosos sectores produtivos", sinalou a senadora nacionalista Carme da Silva nun comunicado no que o Bloque avanza este venres que o proxecto da comarca da Ulloa será o asunto polo que cuestionará na Cámara alta ao ministro de Industria, Jordi Hereu.

Da Silva quere que o Executivo central aclare se existe "algún tipo de compromiso" polo que "a macrocelulosa poida acceder" aos fondos Next Generation que, como lembra a senadora, demanda a propia empresa para levar a cabo o seu proxecto en Galicia. "Os criterios establecidos para a percepción destas axudas deixan claro que só se poden financiar aqueles proxectos que contribúan a asentar economías máis sustentables e mellor preparadas para as transicións ecolóxicas e dixitais. O proxecto de Altri non o fai", avanzou Da Silva que defenderá na Cámara alta.

Así as cousas, considera que o Goberno "non pode amparar nin apoiar o desenvolvemento de industrias que afecten negativamente o medio ambiente, á protección da biodiversidade e ao uso sustentable dos recursos hídricos". Doutra banda, o Concello de Láncara aprobou unha moción presentada polo BNG en contra do proxecto de Altri.

A senadora Carme da Silva pregunta na Cámara Alta
A senadora Carme da Silva pregunta na Cámara Alta | Fonte: BNG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ferroviario

O comentario de " pequenoburgués" parte dunha premisa falsa, cal é que a única alternativa sexa trgar cunha celulosa que traga 640 litros de auga por segundo e garantiza contaminación a esgalla ¿ Seica é eso ou nada ? ¿ Non hai outras empresas non contaminantes que se poidan instalar ahí ou noutros sitios? O comentario é un exemplo da falacia que se chama " o falso dilema".

1 PequenoBurgués

O BNG á contra a pregunta é ¿qué propón o BNG?. Polo de agora son todo boas intencións máis saude, máis empresa pública, máis burocracia. E moitos facemonos ainda outra pregunta máis. ¿cómo se vai a pagar?: Comunismo de salón.