Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2024 | Actualizada ás 17:03
O xurado do XL Premio 'Celanova, Casa dos Poetas' decidiu outorgarlle o galardón a Bieito Ledo, "pola súa contribución á Cultura Galega desde o ámbito da xestión cultural, da edición e de propostas que buscaron sempre profundar nas raíces desde a súa aldea de Padroso".
Así, sinala que "46 anos despois da creación dos Premios da Crítica Galicia é necesario recoñecer o seu achegue á vitalidade cultural do pobo". Ademais, explica que se recoñece o seu achegar ao mundo editorial e ao saber cultural e científico" co "legado enciclopédico da editorial 'Ir Indo'.
Tamén tivo en conta "a súa ourensanía", que fixo posible desde o Círculo Ourensá Vigués reunir ás mocidades da transición ao redor dun proxecto de paz e convivencia de longa vida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.