Besteiro pide unha moratoria para o eucalipto e que se aclaren todas as "dúbidas" de Altri

"A Xunta non abríu aínda a boca para explicar porque pasou de 2.500 a 300 empregos ou porque se declarou proxecto estratéxico", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2024 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O secretario xeral e portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu das "dúbidas" que xera o proxecto que Altri quere instalar en Palas de Rei e instou á Xunta a explicar os "cambios" sobre a iniciativa inicial.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega e en resposta aos medios, o parlamentario socialista emprazou ao Executivo autonómico en funcións a explicar os cambios entre os compromisos anunciados no proxecto e a realidade que, segundo indicou, coñeceuse nos últimos días.

Na súa intervención, advertiu de que o Goberno galego aínda non abriu " a boca" para explicar por que pasou de 2.500 a "300 ou 500 empregos" e porque o declarou como proxecto estratéxico.

O socialista reclamou ao Executivo autonómico que despexe as "suspicacias, incertezas e dúbidas" da cidadanía sobre o manexo da auga neste proxecto, así como a xestión dos lodos ou se vai pór fin á moratoria sobre a plantación de eucaliptos en Galicia. Ademais, sinalou que o Goberno galego é o "responsable" de patrocinar un proxecto sobre o que no seu día lles dixo aos galegos e galegas "cousas que agora non se demostran".

Por último, Besteiro comprometeuse na defensa da implantación de industrias sustentables con respecto estrito ao medio ambiente, pero advertiu á Xunta que "hai cuestións que neste momento se teñen que contestar e que non se poden esconder".

O secretario xeral e portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral e portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta