A Xunta, da fábrica de Altri: "Non vai saír ningún proxecto que non teña declaración de impacto ambiental favorable"

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, foi cuestionada pola previsión de Alcoa e pola paralización dos parques eólicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2024 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, insistiu sobre a fábrica de fibras téxtiles que impulsa Altri en Palas de Rei que "non vai saír ningún proxecto que non teña unha declaración de impacto ambiental favorable".

Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, durante a súa visita ao Fórum Gastronómico, e nunhas delcaracións nas que apelou á "tranquilidade" e ao "sentido común" e tamén a que "non se fagan afirmacións con superficialidade".

"Desde o punto de vista industrial e para a comarca é un proxecto moi importante e superinteresante", recalcou para lembrar que esta iniciativa "situaría a Galicia industrialmente".

ALCOA

Cuestionada tamén pola previsión de Alcoa de ter a mediados de xuño ofertas vinculantes de compradores do complexo industrial de San Cibrao, no municipio de Cervo, como anunciou a compañía, Lorenzana reiterou que non ve "realista" que atope comprador nesa data para a factoría da Mariña e instou de novo a "ser prudentes".

"A fábrica é moi grande e a venda esixe unha serie de operacións para examinar a viabilidade, a solvencia industrial e os prazos", argumentou. En calquera caso, indicou que a Xunta vai axudar " á empresa a analizar a solvencia do novo comprador no seu caso e axilizar os trámites". Lorenzana lembrou, ademais, que a multinacional "se comprometeu" coa Xunta a reunirse esta semana para "coñecer o contido das ofertas".

PARQUES EÓLICOS

Xa sobre a paralización por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) doutro sete parques eólicos, a responsable de Medio Ambiente reiterou que a Xunta recorrerá a sentenza ao Supremo.

"Respectamos todas as decisións xudiciais pero no Goberno galego non compartimos esas decisións", sinalou. Así, segundo explicou, empregarán "todas as vías xudiciais para combater esas resolucións".

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana Somoza. Gabriel Luengas - Europa Press - Arquivo
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana Somoza. Gabriel Luengas - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta