O BNG pide "contundencia" ao Goberno central para parar o "meteorito Altri"

Reclama que descarte a esta empresa para axudas do PERTE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

A senadora do BNG, Carme da Silva, solicitou ao Goberno do Estado que "non sexa cómplice do meteorito" que supón para Galicia o proxecto de Altri e pediu que "o descarten" para a percepción de axudas dos fondos europeos do PERTE de descarbonización.

O BNG entende que a sociedade galega, o sector primario e mesmo os concellos afectados por este proxecto "queren unha resposta clara do executivo" e rexeitan que "se impoña unha macro fábrica falsamente disfrazada de verde". Durante a sesión de control na cámara alta, o BNG preguntou ao Ministro de Industria e Turismo sobre as previsións do Goberno de incluír, ou non, o proxecto de Altri nas axudas do PERTE de descarbonización industrial. O Ministro, dixo o BNG, "deixou entrever que o Goberno será escrupuloso no cumprimento da normativa ambiental" e que calquera proxecto "deberá cumprir o principio de non causar dano significativo ao ambiente".

A senadora do BNG asegurou que esperaba unha resposta "máis contundente" por parte do Goberno do Estado e adiantou ao Ministro de Industria que o actual proxecto que formula a empresa lusa "incumpre todos os criterios establecidos para a percepción dos fondos europeos do PERTE de descarbonización". Carme da Silva entende que "non vale porse de perfil" e anima ao Executivo central a "non ser cómplices do Prestige interior, negándolle a percepción de axudas públicas".

Imaxe de Altri
Imaxe de Altri | Fonte: Podemos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta