Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/04/2024 | Actualizada ás 13:17
Galicia situouse en 2023 entre as autonomías nas que máis aumentaron as solicitudes de préstamos, segundo un informe publicado pola entidade Cofidis. A nivel de demanda de créditos, Galicia (17,8 %) foi a sexta comunidade autónoma con maior crecemento neste instrumento financeiro. As comunidades que realizaron un maior número de solicitudes foron Cataluña, Andalucía e Madrid.
Os préstamos solicitáronse, principalmente, para facer reformas no fogar e a compra de coches, sinala o estudo que analizou o comportamento dos españois respecto dos préstamos e créditos, tendo en conta a súa comunidade autónoma, sexo, idade e situación laboral. O informe sinala que en 2023 recibíronse case un millón de solicitudes en España para préstamos persoais e créditos, representando unha alza dun 9,2 % e un 16,2 % respectivamente, respecto ao período anterior.
Segundo este estudo, Galicia representou o 4,3 % do total de préstamos persoais solicitados en España durante 2023. En canto á situación laboral dos galegos, os asalariados, xubilados e autónomos foron os colectivos lideraron o ranking de peticións, mentres que na cola atópanse os estudantes e pensionistas.
As reformas na vivenda ou a adquisición dun coche foron os principais motivos da demanda de préstamos. Con todo, as solicitudes que máis aumentaron foron para viaxes (98,5 %), celebracións (86,4 %) e estudos (85,1 %). Cinco de cada dez persoas (54,1 %) que solicitaron un crédito en Galicia eran asalariadas, mentres que o segundo grupo que máis demanda foron os parados (11,6 %). Seguíronlles os xubilados e autónomos, cun 10,2 % e 9,3 % respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.