Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2024 | Actualizada ás 14:58
O novo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, avanzou que prevé reunirse en próximos días con representantes dos principais sindicatos en Galicia e a patronal no marco do diálogo social. "Son unha persoa que lle gusta desde logo o diálogo, falando pódese chegar a entendementos, estou a porme en contacto cos principais representantes tanto de patronal como sindicatos advertíndolles que me dean un pouquiño de tempo porque estamos a pechar estruturas e reordenando todo un pouco", explicou a preguntas dos medios antes de participar no seu primeiro acto (un encontro en Santiago sobre emprendemento) como conselleiro de Emprego.
"Nos próximos días ímonos a reunir nos diferentes foros nos que hai esa presenza tanto dos sindicatos como de patronal", afirmou. Nas súas novas competencias tamén apunta a un "reto importante" levar a carteira de Emigración, pola súa relevancia "que é e foi" en Galicia. "En menor ou maior medida vivímolo nas nosas casas", apunta. Valora que o programa Retorna da Xunta "é fulcral" para este goberno, pois ve "moi importante ser capaces de traer xente" con "coñecementos en moitos campos", para o que se debe combinar a "dispoñibilidade" destas persoas e as oportunidades de emprego encima da mesa.
NOVA WEB SOBRE EMPRENDEMENTO
Pola súa banda, o conselleiro sinalou que "é moi simbólico" que o seu primeiro acto sexa participar nun acto polo Día Mundial do Emprendemento, xa que se declara "un convencido da capacidade empresarial" e "do emprendemento", polo que valora "moi ilusionante" e "gratificante" estar "hoxe aquí practicamente no día" que foi nomeado. Neste acto presentouse unha nova web que agrupa todos os recursos para o emprendemento que pon en marcha a Xunta (www.mapaemprendemento.gal), con apoios a axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles.
Igualmente, González quixo "pór en valor o traballo de toda a Consellería", que este ano puxo en marcha máis de 200 millóns para o emprego. A este respecto, González apunta a un traballo "moi interesante" en relación cos polos de emprendimiento, que contan con 13 centros de Galicia, co asesoramento a ao redor de 1.600 novos proxectos en menos de dous anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.