Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/04/2024 | Actualizada ás 16:46
O Goberno mantén que o tren 'low cost' de Renfe chegará a Galicia este ano, segundo aseguraron fontes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana consultadas por Europa Press.
Tras o inicio da venda dos billetes dos trens Avril a Galicia, que permitirán a chegada da alta velocidade a cidades como Santiago, Vigo ou A Coruña a partir do día 21 de maio (xa que ata agora só chega a Ourense), neste momento falta coñecer cando comezará a operar Avlo en Galicia, que comercializa trens a baixo custo.
Xa a finais de 2021, Renfe anunciara que Avlo chegaría a Galicia. Ademais, en secretario de Estado de Transportes, David Lucas, ratificou en outubro de 2023 que Avlo circularía no primeiro trimestre de 2024 por Galicia, do mesmo xeito que os Avril.
Con todo, agora que xa se anunciou a chegada dos Avril, descoñécese aínda cando estarán dispoñibles os trens de baixo custo. As mesmas fontes indicaron que aínda "non hai data definida", pero que chegarán "nalgún momento deste ano", como se anunciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.