Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2024 | Actualizada ás 14:22
O secretario xeral electo do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, considerou "positivo" que haxa diferentes nomes de socialistas galegos postulados polas agrupacións para concorrer ás eleccións europeas e lembrou que o comité federal decidirá ao candidato. O dirixente socialista pronunciouse deste xeito ao ser preguntado pola proposta da asemblea socialista de Vigo de propor ao exsecretario xeral Gonzalo Caballero como candidato ás europeas, un cargo que actualmente ostenta o lalinense Nicolás González Casares.
"Que haxa diferentes apostas, diferentes nomes é algo positivo", dixo para sinalar que "hai moita xente no PSOE que pode desempeñar moi ben ese papel" que nos últimos anos ostentou o político lalinense. A decisión, conforme sinalou, decidiraa o Comité Federal que terá lugar o vindeiro sábado, tendo en conta que a "circunscrición é estatal". "Por tanto, creo que as dúas persoas e outras que se incorporan á lista... demostran que no PSOE hai moitísimas persoas que poden desempeñar moi ben, con moita solvencia, ese posto", dixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.