Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 19:14
Máis dunha vintena de concellos están adheridos na provincia da Coruña ao sistema VioGen, unha ferramenta de face a conseguir unha "sociedade xusta e libre de violencia machista".
Así o expuxo a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, nunha reunión co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, na que apelou á importancia de que os municipios estean dentro deste sistema.
No caso de Boiro, o concello realizou actividades desde o ano 2018 no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero por unha contía que ascendeu a máis de 41.000 euros.
María Rivas e José Ramón Romero destacaron, ademais, o alto nivel de coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local para avanzar nesta materia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.