Mobilizacións do persoal de Ambulancias Casablanca contra os despedimentos efectuados na empresa

Anuncian unha posible folga se non se consegue unha solución

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O persoal de Ambulancias Casablanca acordou iniciar mobilizacións contra despedimentos e a "deterioración" das condicións de traballo. Nun comunicado, a CIG denuncia incumprimentos das empresas e presións. Por iso, avisa que as protestas "finalizarán na convocatoria dunha folga", ademais de mobilizacións en toda a UTE, "se non se soluciona este conflito".

Ambulancias Casablanca forma parte dunha UTE con Ambulancias do Cantábrico (de HTC Group) e realiza o transporte sanitario non urxente da área sanitario de Santiago, dependente do Sergas.

Segundo explica o representante de FGAMT-CIG de Compostela, Inácio Pavón, denuncia que esta é unha das empresas do sector con peores condicións, que só se melloraron coa acción sindical. Pero "unha vez máis volven deixar de lado os acordos", o que leva ao persoal a "dicir que xa está ben".

A CIG advirte de que, ás portas dun novo concurso público, incúmprense acordos de contratación, referido a respectar antigüidades e cubrir postos fixos con traballadores indefinidos, e despídese a traballadores para "contratar outros aos que avisan que non deben falar coa representación sindical". "Mesmo hai sospeitas fundadas, e que serán postas en mans da fiscalía nos próximos días, de que se contratou a familiares sen titulación e que esta foi falsificada".

Protesta de traballadores do sector de ambulancias, en Santiago
Protesta de traballadores do sector de ambulancias, en Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta