Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 20:36
O portavoz dos socialistas no Parlamento galego e aspirante a Secretaría Xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, manifestou o seu apoio ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras o seu anuncio de que abre un período de reflexión sobre o seu futuro á fronte do Executivo central tras as investigacións á súa esposa, Begoña Gómez.
Nun vídeo difundido polos socialistas galegos, Besteiro manifesta "todo" o seu apoio a Sánchez, ao que traslada que sabe "perfectamente" en que situación se atopa, nunha alusión ás investigacións xudiciais contra el, finalmente arquivadas, que o levaron a abandonar a política temporalmente. Unhas denuncias que partiron dunha misiva anónima da líder do PP de Lugo, Elena Candia.
"Sei perfectamente polo que estás a pasar. Esa impotencia polas calumnias da dereita, por unha campaña sucia que parece non ter. O prezo que pagas ti e o que paga a túa familia. Seino perfectamente", sinalou o candidato á Presidencia da Xunta nas últimas eleccións autonómicas e que este domingo será proclamado novo líder dos socialistas galegos no Congreso Nacional Galego que se celebra en Santiago. Besteiro pecha o seu vídeo dando as grazas a Sánchez por "demostrar que na política non todo vale". "Tes todo o meu apoio, presidente", conclúe.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- 'Os do non', lema fraguista aínda lembrado, volve ao Hórreo con PP e oposición en pugna por colocar o mote ao rival
- Caballero: "Non somos un concello pequeniño para que a Xunta nos faga obras. Que as pague que nós as facemos"
- A alcaldesa de Redondela anuncia unha cuestión de confianza e acusa a PP e BNG de "prexudicar" o concello
- Propostas do PP e DO suscitan a unanimidade da cámara, mentres que non se aprobou ningunha do BNG
- Tensión na Cámara na recta final do Debate do Estado do País
- Diferencias grandes entre os grupos para conseguir acordos nas resolucións da Cámara galega