Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2024 | Actualizada ás 08:15
Un estudo realizado pola Fundación Santa María a Real permitiu definir e catalogar ata 24 tipos de paisaxe diferentes no Camiño de Santiago Francés. Ademais, comprende 69 unidades paisaxísticas ao longo de cinco comunidades e 173 municipios. Entre estas paisaxes atópanse desde serras e vales pirenaicos, pasando por campiñas da depresión do Ebro, ata montes galegos e depresións galaicas, entre outros.
Este dato é unha das principais conclusións da investigación realizada no marco do proxecto 'Guía de adaptación ao cambio climático para o Camiño de Santiago Francés'. Conta co apoio de Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da convocatoria de subvencións para a realización de proxectos que contribúan a implementar o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030.
O Camiño de Santiago Francés é unha das rutas de peregrinación máis importantes do mundo, cunha media de 350.000 peregrinos ao ano. Esta investigación sinala que as ameazas do cambio climático, como o aumento das temperaturas, o risco crecente de incendios forestais ou as choivas torrenciais "están a afectar a este itinerario".
A publicación que se editará tanto en formato impreso como dixital estará deseñada non só para chegar aos municipios do Camiño, senón tamén a albergues, peregrinos, oficinas de información turística e todos os amantes desta experiencia única.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.