Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 27/04/2024 | Actualizada ás 14:00
Imaxinas ter na túa casa unha colección de meteoritos? Pois, Javier Canseco pode dicir que a ten e xa se pode visitar no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela que acolle esta exposición temporal. "Cando desde fai 12 anos, ocorréuseme comprar unha figurita, unha pallasita, un meteorito brillante con un pouco de metal e olivino, que me parece dos máis bonitos. Tíveno un ano encerrado na vitrina e dixéronme por que non o expoñía, quedou só e a partir de aí funme comprando un e outro e acabóuseme indo das mans", conta Javier sobre a súa colección que define como "xa un pouco xeitosa".
Explica que os meteoritos están clasificados e divididos en grupos e subgrupos, de varios tipos "de Marte, da Lúa, do cinturón de asteroides ou doutros sistemas máis alonxados de aquí". Pretende representar todo o conxunto do noso sistema solar nunha pequena colección.
Javier e a súa colecciónVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Pero como podemos adquirir un meteorito? Javier conta que hai varias formas, como ir ás feiras ou, no seu caso, por subastas. "Eu xa estou moi metido, tiven que ler moito, ler cousas falsas, cousas que son verdadeiras, entón pouco a pouco vas entendendo como vai e ten ese punto de diversión de saber que ganaches algo que custa un pouco máis e que o tes na túa vitrina", recoñece Javier que engade que é "un vicio un pouquiño caro". Neste sentido, tamén di que hai xente que se dedica a ser "cazameteoritos", refírese a que se hai unha caída, xa sexa en Estocolmo ou Nicaragua, van ir buscalo.
METEORITOS QUE DESTACA DA SÚA COLECCIÓN
Javier detívose a ensinarnos aquelas pezas máis destacadas. Por exemplo, amosa unha moi pequeniña, a número 48, que vén de Marte, chámase anaclita e considerase "moi rara" porque de aló veñen moi pouquiños. "Podería venderse facilmente por 700 ou 800 euros", expón cando se lle pregunta polos prezos. De igual forma, destaca da súa colección "o primeiro meteorito que se atopou en España, por uns campesiños que llo entregaron ao clérigo da vila". Logo conta cunha Acondrita, un meteorito con 4.565 millóns de anos de antigüidade, "o máis antigo que se atopou no sistema solar, o achado foi no 2020 en Alxeria.
O Museo de Historia Natural conta co meteorito de Traspena (Baralla) da primeira caída documentada dun meteorito en Galicia. Javier afirma que "é o único que é galego e que se atopou no 2021". Para estudalo, foi dividido en dous fragmentos e varias láminas i é do tipo condrito ordinario. Pode verse o fragmento orixinal xunto a unha réplica completa.
Javier Canseco¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Deteñen con 3,5 quilo de coca no coche ao principal fornecedor hose droga de Ferrol
- Investimentos para a eliminación do pó de sílice na extracción de lousa
- Cortes de tráfico na ligazón da A-6 e A-8 en Begonte durante tres semanas
- (En imaxes) O Nadal de Vigo xa se anuncia en paradas de bus e estacións de metro de Nova York, Londres, París e Roma
- Despedida dos Mozos de Arousa este luns de 'Reacción en cadena' cun premio de máis de 2,6 millóns de euros
- Investigan unha estafa de 2.000 euros a unha nonaxenaria en Poio mediante o timo da 'estampita'