Sierra é o prototipo de valor en alza no Bloque, o clásico tipo que vai cos da feira e ven cos do mercado. Foi subdirector xeral co Tripartito por ser do PSOE, logo continuo de subdirector xeral con Fraga e co PP, daquela con Barata como conselleiro de Cultura. E cando o nomearon delegado de Cultura en Ourense era sociata con carné do PSOE. Ao seu favor hai que dicir que ao pouco tempo viu a luz e afiliouse ao BNG. Expoliador do proxecto de Chamoso Lamas para o museo etnolóxico do Ribeiro foi elexido dixitalmente para ese cargo por ser cuñado de Francisco Fariña Busto, director do Museo Arqueolóxico de Ourense. O das publicación e os proxectos está moi ben, o que non se diu é que empezou co proxecto do Museo do Viño de Galicia, na rectoral de Santo André de Camporredondo, hai máis de 12 anos e aínda non se puxo en marcha o museo. Tamén é moi querido nun museo da súa provincia natal porq