Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

20 miguel areas

susaniña, non te pasarías de frenada? paréceme unha esaxeración que digas que todos os funcionarios da casa apoian a amoedo. referiraste a tódolos de libre designación porque eu coñezo a moitos que están que bufan porque nesta consellería dende que tomaron posesion amoedo e a conselleira negaronse sistematicamente a negociar calquer mellora para o persoal. por non recibir, nin recibían ós representantes sindicais.

19 susana

Alberto, traballo na consellaría de cultura e deporte. Sei de primeira man que o señor Amoedo foi CESADO fulminantemente, dun dia para outro, e que as únicas que están moi soas son a bugallo, fina casal e rocio castro, as coñecidas na consellaría como as tres flores de andalucía.
Se traballaras na Xunta saberías que Amoedo non está só: o apoian todos os funcionarios e funcionarias da casa.
E bueno, do cansancio do Amoedo...Só habia que velo sorrir todas as mañáns cando atendia os asuntos por toda a consellaría.
Alberto, non intoxiques.

18 alberto

bueno eu sinto non poder contestar de primeira man a pregunta, solo pode facelo o interesado. pero dos antecedentes que coñezo si teño unha opinión feita. o cese (acto formal, non lapidación ) foi solicitado polo propio amoeiro, esta canso e moi solo...e chegou un punto no que simplemente xa non podía mais. o comentario de Touriño non debería ser mais que un lapsus linguae, se fosemos inxenuos, pois como dixo el "e de supoñer"

17 Paula Lis

Efectivamente dani, eis o que hai de fondo.

FORÇA CARLOS AMOEDO!!!

O BNG está contigo!!!

Bugallo márchate ao PsoE!!!

16 dani

A noticia, por inesperada, TEMERARIA e inxusta, correu como un regueiro de pólvora pola consellaría de cultura, pola Xunta e polo BNG.
Ten unhas enormes consecuencias políticas. O cese dun secretario prestixiado, honrado e rigurosos, a poucos meses das eleccións, non pode explicarse por unha deslealdade ao BNG ou por unha restruturación da Consellaría.
É un segredo a voces que o secretario de cultura foi o único cargo que salvou o seu voto no padroado da cidade da cultura no que se decidiu autorizar ao conselleiro de economía a crear a nova fundación privada de xestión da cidade da cultura. O secretario, exercendo as súas competencias de control desde o protectorado, solicitou datos da nova fundación á presidenta da Fundación da Cidade da Cultura, e pediu un informe xurídico á asesoría xurídica xeral.
A conselleira de cultura e o conselleiro de economía presionaron ao Presidente e ao Vicepresidente para que forzase unha retirada dese informe, no que se puña de manifesto a ilegalidade da cesión da xestión da cidade a unha fundación maioritariamente privada.
En clave política, o informe supuña evitar que o PSOE tomase o control da xestion da cidade da cultura.
Todo indica que a Conselleira, seguindo instrucións do seu namorado e de Touriño, decidiron apartar ao secretario do medio, para que ninguén evite a constitución da nova fundación.
O BNG opúxose ao cesamento do secretario, e pediulle explicacións a Quintana por non facer nada por evitalo.
A xente na Xunta non entende que nin o BNG nin Quintana non teñan feito nada para evitar a caída dun secretario respetado por todos, que marcha pola porta grande.
Carlos Amoedo, patriota galego!!