Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

5 pocomaco

e quen é ese sierra?

4 joeelfontanero

hase de ver nos meses que vein por diante se o psoe está no medio ou non. o que se di por aí é que a bugallo non vai ir nas listas do bloque

3 tinto

Si, a KGB tamén pode estar detrás si tiramos do fío de que Obama acaba de ser eleito. No nacionalismo sempre houbo moita paranoia que somentes consigue ser superada polos foros de internet.

2 Mauro

Carballiño penso que eso mismo que dis ti é o que pon na noticia, aínda que a min isto non me acaba de cheirar a trigo limpo. Non sei se non andará o psoe detrás desta operación.

1 carballiño38

Penso que errades, GC. Amoedo era unha persoa querida no quintanismo e respeitada na UPG. O cese quizais teña que ver cos problemas de A.Bugallo con todo o BNG. Xa hai tempo que se rumorea que pode acabar marchando ao PSOE e que está totalmente soa no BNG.