Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2024 | Actualizada ás 15:17
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que "prestixiar" o idioma galego é "unha tarefa sempre inacabada" e ligou con esta percepción a súa decisión de crear unha Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que ocupa José López Campos.
Precisamente, Rueda fora preguntado acerca de se as manifestacións do conselleiro nunha entrevista coa Cadea SER relativas á necesidade de prestixiar a lingua supoñen que en mandatos anteriores (co seu antecesor Alberto Núñez Feijóo e el mesmo á fronte do Executivo galego) non se fixo, unha idea que rexeitou.
"Creo que prestixiar o noso idioma é unha tarefa inacabada", remarcou, e esgrimiu que hai que traballar para incorporar a novos falantes e fomentar o seu uso, cuestións que sempre é conveniente "reforzar" porque "nunca se vai a acabar de completar".
"A isto responde a creación desta Consellería específica", manifestou, antes de incidir que a propia denominación do departamento, coa mención ao idioma, salienta tamén a meta de dar visibilidade á política lingüística.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.